Ribadeo Camiño Norte

Descobre Ribadeo

Asomado ao Eo e á súa desembocadura, río que marca a moderna fronteira astur-galaica, o municipio de Ribadeo reúne as dúas características máis comúns da xeografía galega: verdes vales terra dentro e unha costa na que comparten espazo o verde e o azul.

O municipio ribadense engloba tres mundos: o de interior

(de leste a oeste, os bosques, cultivos e praderías de Ove, Vilausende, Couxela, Covelas, Cedofeita, Arante e Remourelle); a rasa costeira ( Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa), e a liña de costa, cuxo epicentro demográfico é o poboado marisqueiro e outrora baleeiro de Rinlo; litoral na que se alternan praias e cantís nos que o mar labrou calas, covas e arcos como os da praia de As Catedrais.

Coñece os seus principais atractivos

Descobre

RibadeoXQSi

App turística de Ribadeo onde atoparás toda a información que precisas para a túa visita.

    

RibadeoXNatural

Nesta app atoparás dez percorridos guiados polos principais recursos naturais e paisaxísticos do Concello de Ribadeo.

    

Plano Interactivo

Consulta os principais recursos  patrimoniais e naturais do noso concello e planifica a túa visita

Rutas Virtuais 360º

Para facilitar o coñecemento e o lecer do municipio e os seus atractivos presentamos catro roteiros que achegan ao visitante a outros tantos mundos.