Ribadeo Camiño Norte

Prepara
o teu
Camiño

Ribadeo é a porta de entrada en Galicia do Camiño Norte e, como tal, convértese nun punto de referencia para os peregrinos, ben como punto de partida da ruta a Compostela, ben como punto de parada e lugar de descanso na súa viaxe, ofrecendo un ambiente atractivo e dinámico para aqueles usuarios que deciden optar por este camiño xacobeo.

Como punto de partida, Ribadeo é unha das principais localidades galegas elixidas ano tras ano polos peregrinos. A situación xeográfica de Ribadeo, na costa da Mariña Lucense, a súa condición de centro distribuidor de comunicacións por estrada con Asturias e a riqueza dos seus ecosistemas mariños e terrestres fan desta vila unha das máis prósperas da provincia e un punto de partida moi atractivo e en auxe para os peregrinos que elixen facer o Camiño Norte.

Como chegar

En coche

Desprazarse a Ribadeo no seu propio coche ou alugar un Rent a Car en calquera dos aeroportos é unha moi boa opción, xa que lle dará liberdade para descubrir moitos lugares que seguro farán a súa estancia na nosa vila moito máis enriquecedora.

A apertura da Autovía do Cantábrico (A8) fai que achegarse a Ribadeo en coche, sexa agora moi fácil desde calquera punto, así conéctanos con todo o norte do Estado e á súa vez únenos co resto de Galicia na súa conexión coa A6.

Ao mesmo tempo a N-642 é a estrada vertebradora de toda A Mariña, a través da cal chegamos a Ribadeo desde calquera punto do norte da provincia de Lugo, tamén no seu tramo Ribadeo – A Veiga, permite a conexión coa capital de provincia a través da N-640.

Pero a Ribadeo tanto se pode chegar desde diferentes puntos como se pode escoller Ribadeo como lugar de parada para despois descubrir lugares como Santiago de Compostela, A Coruña e Avilés, que están aproximadamente a 1 h 30 minutos, ou Lugo que está a pouco máis dunha hora.

En bus o tren

Autobús

Ribadeo conta cunha estación de autobuses situada na Avenida Rosalía de Castro, que conecta o centro con outras cidades de Galicia e con parte do estado. Operan as seguintes compañías:
  • Arriva que conecta con gran parte de Galicia.
  • Alsa que conecta Ribadeo co resto do estado destacando a cornixa cantábrica e Madrid.

Teléfonos de interese:
Estación de autobuses: 982 130 805                
Alsa:  982 131 060

Tren

Tren – FEVE: Polo litoral do municipio pasa a líña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita, con apeadeiros en Esteiro (sendo este o máis próximo á praia de As Catedrais), Os Castros, Rinlo e Ribadeo. Esta é unha moi boa opción para gozar dunhas paisaxes impresionantes e con tempo suficiente para poder coñecer as diferentes vilas polas que se vai pasando.

Desta forma Ribadeo está conectado por tren con todos os municipios da costa de Lugo e do occidente de Asturias.

Enche a túa mochila de novas sensacións

Catálogo de produtos e servizos de interese para o peregrino

En todos os recunchos atoparás unha tenda ou establecemento que define a vida diaria da poboación local e o seu dinamismo comercial.
O comercio local destaca pola súa calidade e diversidade cun horario longo, flexible e adaptado ás necesidades dos peregrinos.

Aquí atoparás todo o necesario para planificar e iniciar a ruta (tendas de deportes, adquisición de credenciais, guías do camiño en Galicia, etc.); ou ben facer unha pequena parada no camiño e relaxarse gozando dunha ampla oferta de servizos (farmacias, clínicas podolóxicas, centros de fisioterapia, lavanderías, talleres de reparación de bicicletas) complementados por unha gastronomía local de calidade.

Ademais, Ribadeo conta cun albergue de peregrinos de titularidade pública que permanece aberto durante todo o ano, así como albergues de titularidade privada que, xunto coa importante infraestrutura de aloxamento existente, ofrecen aos peregrinos numerosas alternativas ao seu paso pola vila.

O Camiño a Santiago

Etapa 1

0 km

Ribadeo
|
Vilanova de Lourenzá

Ribadeo | Ove | Vilela | Covelas | A Ponte de Arante | Vilamartín Pequeño | Vilamartín Grande | Gondán | San Xusto | Lourenzá

Etapa 2

0 km

Vilanova de Lourenzá
|
Abadín

Lourenzá | Arroxo | San Pedro de La Torre | Mondoñedo | Lousada | Gontán | Abadín

Etapa 3

0 km

Abadín
|
Vilalba

Abadín | Martiñán | Goiriz | Vilalba

Etapa 4

0 km

Vilalba
|
Baamonde

Vilalba | Ponte Rodríguez | San Xoán de Alba | Ponte de Sa | Ferreira | Baamonde

Etapa 5

0 km

Baamonde
|
Sobrado dos Monxes

Baamonde | Capilla de San Alberte | Digoñe | Seixón | Miraz | Roxica | Corteporcos | Marco das Pías | Mesón | Guitiza | Laguna | Sobrado dos Monxes

Etapa 6

0 km

Sobrado dos Monxes
|
Arzúa

Sobrado dos Monxes | Froxa | Corredoiras | Boimorto | Sendelle | Arzúa

Etapa 7

0 km

Arzúa
|
Arca (O Pino)

Arzúa | As Barrosas | Preguntoño | A Peroxa | Taberna Vella | Calzada | Calle | Boavista | Salceda | O Xen | Ras | Rabiña | O Empalme | Santa Irene | A Rúa | O Pedrouzo

Etapa 8

0 km

Arca
|
Santiago de Compostela

O Pedrouzo | San Antón | Amenal | Cimadevila | Balizas | San Paio | Lavacolla | Arroyo | Vilamaior | San Marcos | Monte do Gozo | San Lázaro | Santiago de Compostela

O tempo no Camiño

Desde a páxina web de Meteogalicia podes consultar as condicións meteorolóxicas durante cada etapa do camiño. Poderás ver a previsión para a mañá e a tarde do día actual e do día seguinte, consultar a temperatura, previsión térmica e meteoros destacables.

A credencial

Se vas iniciar o Camiño de Santiago, terás que obter a túa credencial. A Credencial ou acreditación do Peregrino é o documento sucesor do que se entregaba aos peregrinos na Idade Media como salvoconduto. É un documento persoal que acredita a súa condición de peregrino e que será necesario en moitos albergues para pasar a noite ou noutro tipo de establecementos para recibir certos beneficios.

Ademais, na credencial poderás estampar os selos que obteñas ao longo da túa viaxe co fin de verificar que percorriches o Camiño. Debes ter en conta que para a expedición da Compostela na Oficina de Atención ao Peregrino, necesitaras selala un mínimo de dúas veces ao día no caso de realizar os quilómetros mínimos necesarios ou completar o Camiño por etapas soltas.

Lembra que, para recibir a compostela, é importante ter 2 selos ao día nos últimos 100 km a pé ou a cabalo e nos últimos 200 km en bicicleta.

Sistema online para o rexistro de datos dos peregrinos

Co obxectivo de axilizar o proceso de obtención da Compostela, e seguindo as recomendacións sanitarias para evitar o uso de papel, a Oficina de Acollida ao Peregrino puxo en funcionamento un sistema online para poder completar os datos de cada peregrino, como paso previo a recoller a Compostela. Desta maneira, o peregrino pode, de maneira previa, introducir os seus datos persoais, así como o camiño percorrido, ou a motivación da peregrinación.

Ligazóns de interese

Coa finalidade de axudar a recompilar información para planificar o percorrido e resolver dúbidas achégase a continuación unha pequena selección de páxinas web e guías recomendadas:

caminodesantiago.gal

Web oficial do Camiño de Santiago que inclúe información, novidades e un  planificador que che facilita a xestión do itinerario.

oficinadelperegrino.com

Web oficial da Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela dependente da Catedral de Santiago de Compostela.

caminosantiago.org

Web oficial da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que axuda na preparación do roteiro.

amigosdelcamino.com

Web oficial da Asociación  Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

gronze.com

Guía dixital especializada no Camiño de Santiago con información práctica, actualizada e participativa dos principais Camiños de Santiago.

editorialbuencamino.com

Web, guías especializadas e a App da Editorial Buen Camino dedicada integramente ao Camiño de Santiago.

Información sobre os itinerarios, albergues existentes, mapas e guías.

vivecamino.com

Revista dixital con información sobre como preparar a túa travesía, os itinerarios, actualidade do Camiño e unha ferramenta social coa que coñecer e comunicarte con outros peregrinos.

iperegrinos.com

Punto de encontro de peregrinos do Camiño de Santiago, con información sobre os distintos itinerarios e etapas así como consellos e recomendacións útiles.

Aplicacións para móbiles

CaminoSantiago

É a aplicación gratuíta oficial do Camiño de Santiago que está dispoñible para as plataformas iOS e Android.

ViveCamino

Dispoñible en español, galego e inglés, app gratuíta para iOS, aglutina toda a información sobre os distintos itinerarios e etapas, lugares turísticos e consellos para iniciar o traxecto, xunto a unha rede social de peregrinos que permite compartir a experiencia e resolver dúbidas e incidencias.

MiCamino

Guía do Camiño. Nesta aplicación, atoparás mapas do itinerario e o que necesites sobre os aloxamentos, distancias, municipios, localización e previsión meteorolóxica. Ademais, poderás compartir a túa experiencia a través de redes sociais e contar co teu propio álbum fotográfico.

Camino Assist

Con Camiño  Assist poderás planificar a viaxe, coñecer os diferentes itinerarios, as etapas, aloxamentos e puntos de interese.

Buen Camino de Santiago

Guía do itinerario con mapas e localización, planificador de etapas, información meteorolóxica. En español, inglés, francés, alemán e italiano.

Camino de Santiago

Aplicación do Centro Nacional de Información Xeográfica. É unha guía on- line e off- line do Camiño de Santiago que inclúe información de natureza cultural e práctica das etapas.

Camino de Santiago Eroski

Permite consultar os quilómetros de cada etapa e ver descricións detalladas dos itinerarios para poder organizarse. Tamén inclúe datos da rede de albergues do Camiño de Santiago, con opinións e comentarios dos usuarios.