flecha

Ribadeo

Prepara o

teu Camiño

flecha

Ribadeo
XCamiño

Catálogo de produtos e servizos de interese para o peregrino

En todos os recunchos atoparás unha tenda ou establecemento que define a vida diaria da poboación local e o seu dinamismo comercial.

Ribadeo, porta de entrada a Galicia, porta de entrada do Camiño de Santiago do Norte onde se xuntan historia, cultura, tradición e maxia.

Adéntrate nas súas rúas e déixate levar polos seus recunchos con luz propia.

Aquí descubrirás todo o que podemos ofrecerche para facer do teu camiño unha experiencia inesquecible: paisaxes incribles, restaurantes para alimentar a alma; un teito baixo o que repousar o teu lombo, e unha morea de servizos pensados para mellora-la túa estancia.

Un lugar para encher a túa mochila de sensacións novas e experiencias que deixarán pegada nas túas lembranzas desta viaxe. Ribadeo, Alén do Camiño.

Establecemento amigable co peregrino

Procura este distintivo, que identifica aos establecementos integrados no catálogo, e accederás a diversos produtos e servizos pensados específicamente para o usuario do Camiño de Santiago.

Prepara a túa saída