Ribadeo Camiño Norte

Praza de España

O seu nome histórico é o de Praza do Campo, por estar situada extramuros e cando aínda non existía a alameda, servía para que os veciños xogaran ós bolos ou se fixesen exercicios militares. Máis tarde coñeceríase polo nome de Campo de Santa María.

Na segunda metade do século XVIII era o paseo de maior recreación e estima do pobo e hoxe en día é o centro neurálxico da vila.

Ó redor desta praza álzanse construcións que permiten percorrer a historia de Ribadeo, coma o pazo neoclásico de Ibáñez, a Torre dos Moreno, o Convento de Santa Clara e a Igrexa Parroquial de Santa María do Campo.

Os primeiros árbores da alameda plántanse no século XVIII. Constaba de tres rúas, a do medio empedrada, era o paseo das altas clases sociais, dotouse de alumeado público en agosto de 1913. As dos lados eran de terra para uso do pobo.