Ribadeo Camiño Norte

Praza de Abaixo

Foi a praza maior da vila, centro neurálxico da convivencia cidadá ata o século XIX.

Aquí celebrábase o mercado inicialmente os domingos aínda que máis tarde trasladaríase, tralas presións eclesiásticas, ós martes para destinar o domingo á oración.

Inicialmente tiña dúas entradas, a rúa Trinidade e a entrada dende a rúa Maior (Amando Pérez). Posteriormente, abriuse a entrada dende a rúa Villandrando para facilitar a entrada dos carros para o mercado.

Na actualidade asoman a esta praza magníficos edificios que reflicten nas súas fachadas a historia da vila. A Torre dos Moreno, o antigo consistorio, o Cine Colón e magníficas vivendas con balcóns e galerías de finais do século XIX e principios do XX entre as que destaca a exuberante casa de don Clemente.