Ribadeo Camiño Norte

Porto de Ribadeo

A evolución da vila de Ribadeo non se pode explicar sen entender a súa íntima relación co seu porto. É unha unión tan estreita que a vila naceu e viviu en parte por este.

A existencia do núcleo de Ribadeo remóntase polo menos ao século IX, época na que temos as primeiras noticias deste porto, ó estar documentada a existencia de dúas aldeas de pescadores entorno ós núcleos de Cabanela e Porcillán.

A partir da Idade Media o porto desenvólvese impulsado pola actividade comercial chegando a converterse nun dos máis importantes da costa cantábrica, especialmente durante os séculos XVIII e XIX ata a aparición da navegación a vapor e a conseguinte decadencia da navegación a vela predominante entre as navieiras locais. Con todo, non existirá ningún tipo de peirao ata o século XIX. En Porcillán atopamos unha praia que chegaba ata as inmediacións dos terreos da Aduana e os barcos fondeaban na Ría.

No século XX o comercio marítimo en Ribadeo vive un rexurdimento grazas ao proxecto desenvolto para explotar as minas de mineral do ferro de Vilaoudriz, en A Pontenova. Constrúese (1903) entón un ferrocarril para transportar o mineral ata Ribadeo. Finalizaba o traxecto no lugar chamado Porto Estreito, onde se instalou un embarcadoiro metálico para descargar o mineral nos barcos. O destino era principalmente o País Vasco e Inglaterra.