Ribadeo Camiño Norte

PillaBikes

Tenda de bicicletas e accesorios

Información

Coñécenos

Se es afeccionado ao ciclismo, en PillaBikes atoparás unha ampla gama de produtos, primeiras marcas, prezos competitivos e un asesoramento experto para elixir a bicicleta ou o accesorio que máis se axuste ás túas necesidades.

Tamén dispón dun obradoiro de reparacións, así como dun servizo especializado de montaxe de bicis á carta. Todo para que goces máis que nunca da túa paixón polas dúas rodas e continúes o teu camiño.

Galería

Primeiras marcas

En PillaBikes atoparás bicicletas e complementos de primeiras marcas, garantindo así a calidade e seguridade.

Variedade

Tanto se precisas unha bicicleta para pistas, montaña ou estrada, en PillaBikes atoparás o que precisas.

Mans expertas

Con anos de experiencia avalando o seu traballo, o equipo de Pillabikes deixará a túa bicicleta a punto para o Camiño.

Guiado

Trala compra ou revisión, un dos expertos darache as claves para coidar e manter o bo funcionamento da túa bicicleta.

Servizos para o peregrino

Tenda

Venda de equipamento: alforxas, iluminación e reflectores, roupa e calzado, kit básico de reparacións, etc.

Taller

Reparación, mantemento e posta a piques de bicicletas.
Asistencia mecánica