Ribadeo Camiño Norte

Parador de Ribadeo

Hotel

CORREO

ribadeo@parador.es

TELÉFONO

Información

Coñécenos

O Parador de Ribadeo é un excelente miradoiro sobre a Ría, unha gran casa galega na desembocadura do río Eo situada nun fermoso pobo mariñeiro e turístico, rodeado de verde e mirando ao mar. Esta magnífica situación, na fronteira de Galicia con Asturias, permitirache contemplar vistas únicas da paisaxe galega, da ría de Ribadeo e das vilas asturianas da outra beira.

No hotel prevalece o estilo mariñeiro, elegante e coidado. As habitacións son acolledoras e, tanto as súas panorámicas como as que descubrirás dende o comedor, son espléndidas. Non deixes escapar a oportunidade de probar a exquisita cociña tradicional galega, con pratos como a empanada, o lacón, ou os mariscos e os viños galegos.

Destacados

Situado nunha contorna privilexiada

Con vistas á Ría de Ribadeo, enseada natural de gran importancia ecolóxica e ambiental.

Calidade turística

Baseada nun servizo de calidade integral, diferenciado, accesible e personalizado, comprometido coa contorna natural, económica e histórica.

Galería

Contorna

Situado fronte á Ría de Ribadeo, nun entorno natural inmellorable, incluído na Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón.

.

Coidadas instalacións

Todas as comodidades nun fermoso lugar con inspiración mariñeira, elegante e coidado.

As habitacións

Son acolledoras e ofrecen unhas panorámicas espléndidas.

 Restaurante

Cociña galega tradicional, nun ambiente  agradable cunha atención inmellorable.

Servizos para o peregrino

Oferta especial
en aloxamento

Dispón dunha oferta especial en aloxamento e restauración para peregrinos presentando a credencial.

Mochila do peregrino

Conta coa elaboración da mochila do peregrino baixo reserva, un menú composto por un lote de comida, bebida e sobremesa para levar e consumir ao longo do día.

Servizo de lavandería

Lavandería express

Traslado de equipaxe

Servizo de traslado e custodia de equipaxe

Garda bicicletas

Lugar específico para deixar a bicicleta

Horarios adaptados
ao peregrino

Información local
do Camino

Ofrecemos información local sobre o Camiño, así como información meteorolóxica

Pet Friendly

Kit de benvida na habitación composto por unha cama para a mascota e un comedero e alimento específico por tamaño.