Ribadeo Camiño Norte

Etapa 3: Abadín - Vilalba

0
km
Abadín
|
Vilalba

Descargar KML do roteiro

Abadín
|
Martiñán
|
Goiriz
|
Vilalba

Camiñamos, como dixemos na etapa anterior, pola comarca da Terra Chá, que comprende varios concellos da provincia de Lugo. Este territorio, xunto coa zona alta do río Miño, foi declarado en 2003 pola UNESCO Reserva da Biosfera, co nome de “Terras do Miño”.

A partir de Abadín, a ruta discorre polas parroquias de San Xoán Castromaior e San Bartolomeu de Corvelle, xa no concello de Vilalba. A continuación atravesamos primeiro o río Arnela por unha ponte medieval. En Pontevella sorpréndenos outra magnífica ponte medieval con tres arcos, sobre o río Batán. Estamos en Martiñán.

Deixamos Martiñán e chegamos a Goiriz. A configuración do terreo lévanos a viaxar por humidais, como o que aparece despois das Chouzas, e exemplos de arquitectura popular e relixiosa: saen ao encontro casas de labranza, cruceiros ou lavadoiros de pedra.

Entramos en Vilalba, o corazón da Terra Cha. Esta vila, cuxa orixe se remonta ao século XIII, é unha encrucillada de camiños dominada pola torre dos Andrade (século XV).