Ribadeo Camiño Norte

Antiga Casa Consistorial

Edificada en 1568 tras caer en ruína o vello que se atopaba en Porcillán. Aquí celebrábanse os concellos ordinarios.

En 1751 reformase a fachada para finais de século, en 1795, ser reconstruída baixo a dirección dos mestres de obras Antonio Vidal y Juan Jarén. Será neste momento cando se proceda a colocar a balaustrada do balcón fabricada en Sargadelos (1798).

De 1800 son os escudos que existen na fachada obra do escultor Santiago Baamonde.

Aos laterais, as armas da vila coa particularidade da súa forma ovalada e a posición do paletón da chave, cada un a cada banda buscando simetría, en lugar de aparecer a chave en posición vertical e as gardas na parte superior cara a dereita.

Chama a atención o que preside a fachada. Trátase do escudo de España, con dúas modificacións: o escusón central incorpora as armas de Ribadeo, no lugar das flores de lis (símbolo da monarquía borbónica) e a máis espectacular, a coroa mural propia da Segunda República, cando se decide substituír a coroa real pola que podemos ver hoxe.

Hoxe é a sede do xulgado de paz.