Ribadeo Camiño Norte

Información

Coñécenos

Situado nunha contorna privilexiada da comarca de Ribadeo, concretamente en As Barreiras, a súa filosofía aséntase en dous piares: a presenza indiscutible do sabor galego na súa cociña e un servizo coidado e personalizado na parte da hospedaxe.

Javier Montero aposta por unha cociña tradicional creativa, un novo concepto ao que chega tras mesturar anos de experiencia persoal coas ensinanzas da cociña tradicional.

O Hotel Restaurante Javier Montero dispón de catro habitacións exclusivas ás que se proporcionan os maiores mimos para que os seus hóspedes atopen nelas todas as comodidades que necesiten.

Destacados

Carta

Conta cunha carta de cociña tradicional actualizada.

Menús degustación

Conta cuns destacables menús degustación que poden variar en función do produto de tempada.

Galería

Cociña

Cunha oferta gastronómica diferenciada, diversa e de calidade, na que prima a utilización do produto galego.

Terraza

HR Javier Montero dispón durante os meses de verán dunha terraza cuberta perfecta para gozar da súa exquisita gastronomía no seu xardín. 

Calidade

Restaurante recomendado pola Guía Michelín 2022

Produto

Javier Montero aposta pola cociña tradicional creativa baseada na calidade do produto.

Servizos para o peregrino

Almorzo para levar

Dispón da posibilidade de elaborar almorzos para levar sen custo para o peregrino que se aloxe no establecemento.

Información local
do Camiño

Proporcionamos información local do Camiño, así como información meteorolóxica.

Menús adaptados

Menús especiais para celíacos, vexetarianos e veganos.

Entrantes

  2 €   Manteiga caseira e pan de cristal con finas herbas
16 €   Holjadre de sardiñas e pementos asados
18 €   Lura de potera con espinacas, améndoas e pataca
16 €   Touciño entrefebrado confeitado, gamba branca, xudías e caldo de galiña
16 €   Ensalada de tomates con lagostinos e mousse de queixo San Simón
38 €   Ensalada tépeda de bogavante
16 €   Terrina de cabeza de porco con escalivada de pementos e oliva negra
16 €   Tortilla de espinacas e berberechos
18 €   Tartar de lagostino con parmentier de pataca e ovo
14 €   Croquetas de xamón ibérico
18 €   Tosta de pan brioche con vieira e salsa agridoce
16 €   Sándwich de rabo de tenreira galega e maionesa de aguacate
14 €   Ensalada de gambas “miña nai”
18 €   Carpaccio de polbo
18 €   Tartar de lagostinos con salsa de iogur e améndoa

Peixes

24 €   Pescada do pincho de Burela en salpicón
23 €   Pescada do pincho de Burela con salsa de piparra
23 €   Bacallau, chícharos e berberechos
28 €   Rape con garavanzos e gamba branca
s.M peixe do día

Carnes

18 €   Costela lacada á grella, pataca e eiruga
22 €   Croca de tenreira galega, repolo e pataca
16 €   Canelóns de galo celta
48 €   Arroz con solombo de tenreira galega (2pax)
18 €   Boliche de tenreira estofada, champiñóns e espinacas

Postres

7 €   Tartaleta de tiramisú
7 €   Milfollas
8 €   Mousse de chocolate
7 €   Panna cotta de yogurt, coco e mango
7 €   Semifrio de queixo con lima, mojito e menta
7 €   Torta tatin (10 minutos )