Ribadeo Camiño Norte

Prepara
o teu
Camiño

Ribadeo é a porta de entrada en Galicia do Camiño Norte e, como tal, convértese nun punto de referencia para os peregrinos, ben como punto de partida da ruta a Compostela, ben como punto de parada e lugar de descanso na súa viaxe, ofrecendo un ambiente atractivo e dinámico para aqueles usuarios que deciden optar por este camiño xacobeo.

Como punto de partida, Ribadeo é unha das principais

localidades galegas elixidas ano tras ano polos peregrinos. A situación xeográfica de Ribadeo, na costa da Mariña Lucense, a súa condición de centro distribuidor de comunicacións por estrada con Asturias e a riqueza dos seus ecosistemas mariños e terrestres fan desta vila unha das máis prósperas da provincia e un punto de partida moi atractivo e en auxe para os peregrinos que elixen facer o Camiño Norte.

Como chegar

En coche

Desprazarse a Ribadeo no seu propio coche ou alugar un Rent a Car en calquera dos aeroportos é unha moi boa opción, xa que lle dará liberdade para descubrir moitos lugares que seguro farán a súa estancia na nosa vila moito máis enriquecedora.

A apertura da Autovía do Cantábrico (A8) fai que achegarse a Ribadeo en coche, sexa agora moi fácil desde calquera punto, así conéctanos con todo o norte do Estado e á súa vez únenos co resto de Galicia na súa conexión coa A6.

Ao mesmo tempo a N-642 é a estrada vertebradora de toda A Mariña, a través da cal chegamos a Ribadeo desde calquera punto do norte da provincia de Lugo, tamén no seu tramo Ribadeo – A Veiga, permite a conexión coa capital de provincia a través da N-640.

Pero a Ribadeo tanto se pode chegar desde diferentes puntos como se pode escoller Ribadeo como lugar de parada para despois descubrir lugares como Santiago de Compostela, A Coruña e Avilés, que están aproximadamente a 1 h 30 minutos, ou Lugo que está a pouco máis dunha hora.

Autobús

Ribadeo conta cunha estación de autobuses situada na Avenida Rosalía de Castro, que conecta o centro con outras cidades de Galicia e con parte do estado. Operan as seguintes compañías:
  • Arriva que conecta con gran parte de Galicia.
  • Alsa que conecta Ribadeo co resto do estado destacando a cornixa cantábrica e Madrid.

Teléfonos de interese:
Estación de autobuses: 982 130 805                
Alsa:  982 131 060

Tren

Tren – FEVE: Polo litoral do municipio pasa a líña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita, con apeadeiros en Esteiro (sendo este o máis próximo á praia de As Catedrais), Os Castros, Rinlo e Ribadeo. Esta é unha moi boa opción para gozar dunhas paisaxes impresionantes e con tempo suficiente para poder coñecer as diferentes vilas polas que se vai pasando.

Desta forma Ribadeo está conectado por tren con todos os municipios da costa de Lugo e do occidente de Asturias.

Enche a túa mochila de novas sensacións

Catálogo de produtos e servizos de interese para o peregrino

En todos os recunchos atoparás unha tenda ou establecemento que define a vida diaria da poboación local e o seu dinamismo comercial.
O comercio local destaca pola súa calidade e diversidade cun horario longo, flexible e adaptado ás necesidades dos peregrinos.

Aquí atoparás todo o necesario para planificar e iniciar a ruta (tendas de deportes, adquisición de credenciais, guías do camiño en Galicia, etc.); ou ben facer unha pequena parada no camiño e relaxarse gozando dunha ampla oferta de servizos (farmacias, clínicas podolóxicas, centros de fisioterapia, lavanderías, talleres de reparación de bicicletas) complementados por unha gastronomía local de calidade.

Ademais, Ribadeo conta cun albergue de peregrinos de titularidade pública que permanece aberto durante todo o ano, así como albergues de titularidade privada que, xunto coa importante infraestrutura de aloxamento existente, ofrecen aos peregrinos numerosas alternativas ao seu paso pola vila.

O Camiño a Santiago

Etapa 1

0 km

Ribadeo
|
Vilanova de Lourenzá

Ribadeo | Ove | Vilela | Covelas | A Ponte de Arante | Vilamartín Pequeño | Vilamartín Grande | Gondán | San Xusto | Lourenzá

Etapa 2

0 km

Vilanova de Lourenzá
|
Abadín

Lourenzá | Arroxo | San Pedro de La Torre | Mondoñedo | Lousada | Gontán | Abadín

Etapa 3

0 km

Abadín
|
Vilalba

Abadín | Martiñán | Goiriz | Vilalba

Etapa 4

0 km

Vilalba
|
Baamonde

Vilalba | Ponte Rodríguez | San Xoán de Alba | Ponte de Sa | Ferreira | Baamonde

Etapa 5

0 km

Baamonde
|
Sobrado dos Monxes

Baamonde | Capilla de San Alberte | Digoñe | Seixón | Miraz | Roxica | Corteporcos | Marco das Pías | Mesón | Guitiza | Laguna | Sobrado dos Monxes

Etapa 6

0 km

Sobrado dos Monxes
|
Arzúa

Sobrado dos Monxes | Froxa | Corredoiras | Boimorto | Sendelle | Arzúa

Etapa 7

0 km

Arzúa
|
Arca (O Pino)

Arzúa | As Barrosas | Preguntoño | A Peroxa | Taberna Vella | Calzada | Calle | Boavista | Salceda | O Xen | Ras | Rabiña | O Empalme | Santa Irene | A Rúa | O Pedrouzo

Etapa 8

0 km

Arca
|
Santiago de Compostela

O Pedrouzo | San Antón | Amenal | Cimadevila | Balizas | San Paio | Lavacolla | Arroyo | Vilamaior | San Marcos | Monte do Gozo | San Lázaro | Santiago de Compostela

O tempo no Camiño

Desde a páxina web de Meteogalicia podes consultar as condicións meteorolóxicas durante cada etapa do camiño. Poderás ver a previsión para a mañá e a tarde do día actual e do día seguinte, consultar a temperatura, previsión térmica e meteoros destacables.

A credencial

Se vas iniciar o Camiño de Santiago, terás que obter a túa credencial. A Credencial ou acreditación do Peregrino é o documento sucesor do que se entregaba aos peregrinos na Idade Media como salvoconduto.