Ribadeo Camiño Norte

Catálogo de produtos e servizos
para o peregrino.
flecha

Ribadeo

Prepara o

teu Camiño

flecha

Ribadeo
XCamiño

Catálogo de produtos e servizos de interese para o peregrino

En todos os recunchos atoparás unha tenda ou establecemento que define a vida diaria da poboación local e o seu dinamismo comercial.

O comercio local destaca pola súa calidade e diversidade cun horario longo, flexible e adaptado ás necesidades do peregrino.

Aquí atoparás todo o necesario para planificar e iniciar a ruta (tendas de deportes, adquisición de credenciais, guías do camiño en Galicia, etc.); ou ben facer unha pequena parada no camiño e relaxarse gozando dunha ampla oferta de servizos (farmacias, clínicas podolóxicas, centros de fisioterapia, lavanderías, talleres de reparación de bicicletas) complementados por unha gastronomía local de calidade.

Ademais, Ribadeo conta cun albergue de peregrinos de titularidade pública que permanece aberto durante todo o ano, así como albergues de titularidade privada que, xunto coa importante infraestrutura de aloxamento existente, ofrecen aos peregrinos numerosas alternativas ao seu paso pola vila.

Establecemento amigable co peregrino

Procura este distintivo, que identifica aos establecementos integrados no catálogo, e accederas a diversos produtos e servizos pensados específicamente para o usuario do Camiño de Santiago.

Onde Dormir

Onde Comer

Prepara a túa saída