Ribadeo Camiño Norte

O Valín

Este é un lugar relativamente recente como dan a entender as edificacións existentes. Debeu nacer no século XIX, estirándose ó longo do antigo camiño interior cara Lourenzá e Mondoñedo –hoxe Camiño de Santiago–, no lugar onde se celebraba unha feira mensual, polo menos dende finais do século XVII, cada primeiro sábado de mes. Máis alá dos campos, á dereita, un fermoso hórreo tipo Ribadeo sinala a aldea de Seixadelo.

Neste punto existe unha fonte de augas moi apreciadas.