Ribadeo Camiño Norte

O Lar de Carmiña

Pensión

CORREO
olardecarmen@gmail.com
TELÉFONO

Información

Coñécenos

Dende o 2005, O Lar de Carmiña leva ofrecendo aos seus clientes os seus servizos, sempre cun trato familiar e asegurando o mellor descanso ao viaxeiro.

O seu restaurante destaca pola súa cociña caseira, tradicional e galega cos mellores produtos da zona. Peixes e mariscos provenientes das lonxas da Mariña. Carnes galegas, algunhas de crianza propia que non deixarán indiferente. Hortalizas e legumes das hortas da Mariña, algunhas tan famosas como as fabas de Lourenzá.

Conta cunha pensión con habitacións acolledoras con todo o necesario para que a estancia sexa inesquecible.

Destacados

Trato familiar

Habitacións acolledoras e perfectamente equipadas para unha estancia inesquecible.

Nunha contorna privilexiada

O Lar de Carmiña atópase a dous pasos da coñecida Praia das Catedrais, unha visita obrigada en Ribadeo.

Galería

Pensión

Dispoñemos de 7 habitacións perfectamente equipadas para unha estancia inesquecible.

Restaurante

No restaurante poderá gozar dunha variada comida tradicional galega realizada cos mellores produtos da zona.

Servizos para o peregrino

Oferta especial
en aloxamento

Dispón dunha oferta especial en aloxamento para peregrinos presentando a credencial.

Mochila do peregrino

Dispón da elaboración da mochila do peregrino, un menú composto dun lote de alimento, bebida e sobremesa para levar e consumir ao longo da xornada.

As nosas habitacións

Todas as habitacións dispoñen dos seguintes servizos: calefacción, baño completo, TV dixital, acceso a Internet Wifi

Información local
do camiño.

Proporcionamos información local do Camiño así como información meteorolóxica.

Custodia de equipaxe

Servizo de custodia e achega de equipaxe

Garda Bicicletas

Servizo de garda de bicicletas dispoñible nas instalacións

Horarios adaptados ó peregrino

Ampliación e adaptación de horarios de cociña.