Ribadeo Camiño Norte

Etapa 8: Arca - Santiago de Compostela

0
km
Arca
|
Santiago de Compostela

Descargar KML do roteiro

O Pedrouzo
|
San Antón
|
Amenal
|
Cimadevila
|
Balizas
|
San Paio
|
Lavacolla
|
Arroyo
|
Vilamaior
|
San Marcos
|
Monte do Gozo
|
San Lázaro
|
Santiago de Compostela

Deixamos O Pedrouzo para despois cruzar ao seguinte lugar, Santo Antón, onde comeza a subida ata a entrada ao concello de Santiago. O Amenal, Cimadevila e San Paio serán os próximos núcleos.

Ascendemos ao núcleo da Lavacolla. Moi preto está o Monte do Gozo, unha pequena elevación onde os peregrinos gozaban, por primeira vez, dunha vista afastada da catedral.

Quedan 5 km en descenso. O Camiño entra na cidade polo barrio de San Lázaro e deixa o barrio das Fontiñas á esquerda. Máis adiante está a rúa dos Concheiros, un antigo barrio de artesáns que comerciaban con cunchas de vieira.

A ruta baixa pola rúa de San Pedro ata a Porta do Camiño, e continúa, no seu último tramo, por rúas peonís e prazas como Casas Reais, Praza de Cervantes e Acibechería, onde accederemos á basílica.