Ribadeo Camiño Norte

Etapa 7: Arzúa - Arca (O Pino)

0
km
Arzúa
|
Arca (O Pino)

Descargar KML do roteiro

Arzúa
|
As Barrosas
|
Preguntoño
|
A Peroxa
|
Taberna Vella
|
Calzada
|
Calle
|
Boavista
|
Salceda
|
O Xen
|
Ras
|
Rabiña
|
O Empalme
|
Santa Irene
|
A Rúa
|
O Pedrouzo

Nesta etapa alternaremos a paisaxe de bosques e prados (carballos, eucaliptos, árbores froiteiras e campos agrícolas) con tramos por asfalto da estrada nacional 547. Prestaremos especial atención aos vehículos, xa que teremos que cruzar a estrada varias veces.

Deixando atrás a cidade de Arzúa, cruzamos o río Raido e logo varias aldeas: Cortobe, As Pereiriñas, A Taberna, algunhas con resonancia xacobea como A Calzada, A Rúa, Ferreiros ou A Salceda.

Dende A Salceda saímos en dirección a Santa Irene. Esta sección continúa, como toda esta etapa, practicamente plana.

Chegamos á Rúa, xa ás portas de Arca, capital do concello do Pino, o último concello antes de Santiago. O Pedrouzo é o núcleo principal da parroquia de Arca.