Ribadeo Camiño Norte

Etapa 6: Sobrado dos Monxes - Arzúa

0
km
Sobrado dos Monxes
|
Arzúa

Descargar KML do roteiro

Sobrado dos Monxes
|
Froxa
|
Corredoiras
|
Boimorto
|
Sendelle
|
Arzúa

Deixamos atrás o mosteiro de Sobrado e continuamos a nosa ruta ata as localidades de Vilarchao, O Peroxil e Carelle, chegando finalmente ao lugar das Corredoiras.

Despois de superar unha encrucillada, dirixímonos cara ao concello de Boimorto. Desde Boimorto o Camiño continúa cara Sendelle, onde se encontra unha igrexa románica do século XII.

Tras deixar Sendelle e pasar polo lugar de Vilar, a ruta chega a Arzúa, onde conflúen o Camiño do Norte e o Francés. Tamén pasa o Camiño Primitivo, que xa se unira ao itinerario francés en Melide. As tres rutas xuntas enfilan o obxectivo común, Compostela.