Ribadeo Camiño Norte

Etapa 5: Baamonde - Sobrado dos Monxes

0
km
Baamonde
|
Sobrado dos Monxes

Descargar KML do roteiro

Baamonde
|
Capilla de San Alberte
|
Digoñe
|
Seixón
|
Miraz
|
Roxica
|
Corteporcos
|
Marco das Pías
|
Mesón
|
Guitizá
|
Laguna
|
Sobrado dos Monxes

Deixamos Baamonde pola estrada nacional VI, paralela ao ferrocarril e ao río Parga, ata chegar á capela de Santo Alberte. San Breixo e Santa Locaia de Parga despiden o concello de Guitiriz. Avanzamos ao lugar de Digañe.

Continuamos por San Paio de Seixón, xa no concello de Friol, e chegamos a Santiago de Miraz. En Miraz pódese visitar a igrexa de Santiago. O camiño continúa pola Braña, Portolamas, A Devesa e As Fontes, en San Mamede de Nodar. A seguinte aldea é A Roxica.

O Camiño continúa por pequenas aldeas: Mantelle, A Cabana, Ledro, A Travesa de Ledro, Pedramaior … En O Marco das Pías deixamos a provincia de Lugo para entrar na da Coruña e comeza o de Sobrado. A ruta pasa polos lugares de Vilariño, O Mesón, A Esgueva, Muradelo, Nogueira e finalmente a Guitizá, onde se atopa a lagoa artificial de Sobrado.

Seguimos camiño de Guitizá e chegamos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado, en Sobrado dos Monxes. Espectacular monumento de estilo renacentista e barroco con estancias medievais como a cociña, a sala capitular e a capela de San Xoán. Fundado no 952 como mosteiro dobre ou mixto, é dicir, para mulleres e homes, foi un dos grandes centros de poder de Galicia.