Ribadeo Camiño Norte

Etapa 4: Vilalba - Baamonde

0
km
Vilalba
|
Baamonde

Descargar KML do roteiro

Vilalba
|
Ponte Rodríguez
|
San Xoán de Alba
|
Ponte de Sa
|
Ferreira
|
Baamonde

Dende Vilalba, cruzamos unha pequena ponte sobre o río Trimaz e chegamos ao lugar de Penas Corveiras. Paisaxes poboadas con auténticas mostras de arquitectura tradicional acompañarannos no noso percorrido polas localidades da Seara, Sabugueiros, Gabín, O Castro ou Regovide.

A uns 6,7 km da saída estaremos en San Xoán de Alba. Pasamos por Ponte Pedrouzos, Costián, O Coutado e Goiriz, dende onde baixamos cara ao río Labrada. Cruzamos o río pola magnífica ponte medieval de Sa.

O Camiño discorre por unha franxa de terra entre o río Ladra e a estrada A-8. Pasa por As Casas Novas, Contariz, Casamuíño, A Castiñeira e a Capela do Carme. Despois de pasar por lugares como A Estrada, chegamos a Ferreira, para entrar en Baamonde, localidade do concello de Begonte. Alí pódese ver a igrexa de Santiago de Baamonde, con elementos románicos e góticos do século XIV.