Ribadeo Camiño Norte

Etapa 2: Vilanova de Lourenzá - Abadín

0
km
Vilanova de Lourenzá
|
Abadín

Descargar KML do roteiro

Lourenzá
|
Arroxo
|
San Pedro de la Torre
|
Mondoñedo
|
Lousada
|
Gontán
|
Abadín

Deixamos Vilanova de Lourenzá camiño de Mondoñedo. Os nosos pasos seguen un vello camiño medieval que atravesa o fermoso val de Lourenzá, coñecido como Camiño da Brea. Pasamos polas aldeas de Arroxo, Ogrobe, San Pedro da Torre, Reguengo ou San Paio, moitas delas con acolledoras capelas visitables.

A entrada na cidade de Mondoñedo faise polo barrio de San Lázaro. Mondoñedo, declarado conxunto histórico-artístico, é unha das sedes episcopais galegas con maior tradición cultural. Foi a capital de provincia ata 1833.

Saímos de Mondoñedo pola Fonte Vella e temos unha dura subida ata o Alto da Xesta. Pasamos por Gontán e logo chegamos a Abadín, capital do concello e comezo da comarca coñecida como Terra Chá.