Ribadeo Camiño Norte

Etapa 1: Ribadeo - Vilanova de Lourenzá

0
km
Ribadeo
|
Vilanova de Lourenzá

Descargar KML do roteiro

Ribadeo
|
Ove
|
Vilela
|
Covelas
|
A Ponte de Arante
|
Vilamartín Pequeño
|
Vilamartín Grande
|
Gondán
|
San Xusto
|
Lourenzá

Partimos da histórica vila e  porto de Ribadeo. De pasado nobre, erguida sobre unha atalaia natural e con vistas á ría, conserva un interesante conxunto arquitectónico medieval e moderno. O Camiño continúa por unha vella ruta, quizais romana ou tardorromana, ata o final desta etapa, en Lourenzá.

O primeiro núcleo despois de Ribadeo é Ove. A continuación, o itinerario tras unha pendente acada Vilela, histórico lugar pertencente á parroquia de Covelas. Lugares, todos eles, nos que se capta facilmente o sabor dunha vida tradicional.

Deixamos atrás Vilela para percorrer os lugares de Celeiros, O Vilar e San Vicente. Chegamos á parroquia de San Pedro de Arante; alí se atopa a capela da Nosa Señora das Virtudes, do século XV, onde houbo un hospital de peregrinos dende o século XVI.

 

O Camiño continua en ascenso e, a través de camiños forestais, chégase ao concello de Barreiros, famoso polas súas praias de area branca e fina. A primeira parroquia que se alcanza é Vilamartín Pequeno. Deixando atrás esta parroquia e a súa igrexa de San Xoán Degolado, pasamos por Vilamartín Grande para chegar a Gondán.

Vilanova é a capital municipal de Lourenzá, construída ao redor do magnífico mosteiro beneditino, fundado polo conde don Osorio Gutiérrez (o “Conde Santo”) no ano 969.