Ribadeo Camiño Norte

El Pinar

Apartamentos turísticos

CORREO

info@apartamentoselpinar.com

TELÉFONO

982 131 157  // 982 128 653

Información

Coñécenos

Hostal Residencia El Pinar ofrece todo o confort e a tranquilidade da casa de campo que foi na súa orixe.

Preséntase como un lugar ideal para o descanso e a intimidade.

Rodeada de árbores e con vistas a terras de labor e ao fondo o mar, atópase a corta distancia da praia das Catedrais (declarada Monumento Natural) e nas súas proximidades podemos percorrer uns 15 quilómetros de costa con fermosas praias.

Destacados

Ampla zona verde

Ampla zona para o esparexemento con aparcadoiro gratuíto.

Accesible

Instalacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida

Galería

Pensión

Dispón de 15 habitacións que poden dar albergue a máis de 30 persoas todas exteriores con baño completo, televisión, calefacción, wifi, dispoñibilidade de computador.

Apartamentos

Conta tamén con catro apartamentos que dispoñen de cociña-salón completamente equipados.

Xardín

Ademais dispón dun xardín con grella, merendeiro, zona verde de 5.000 m2 cercada e con zona de recreo ideal para o descanso.

Cociña

A 50 metros poderás atopar o noso restaurante, no que poderás degustar os mellores pratos elaborados con carnes e peixes da zona.

Servizos para o peregrino

8% de desconto

Dispón dunha oferta especial en aloxamento para peregrinos presentando a credencial.

Mochila do peregrino

Dispón da mochila do peregrino, un menú composto por un lote de comida, bebida e sobremesa para levar e consumir ao longo do día

Traslados ao finalizar a etapa

Traslados ao finalizar a etapa, incluíndo a axuda e recollida de peregrinos que necesiten asistencia ao longo da ruta

Garda bicicletas

Garda bicicletas e acceso a un garaxe con ferramentas para reparacións básicas

Servizo de lavandería

Contamos con lavadora.

Custodia de equipaxe

Servizo de custodia e achega de equipaxe

Custodia vehículos

Servizo de garda e custodia de vehículos en aparcadoiro pechado durante a viaxe no caso de iniciar o Camiño en Ribadeo.

Información local
do Camiño

Proporcionamos información local do Camiño, así como información meteorolóxica.

Horarios adaptados ao peregrino