Ribadeo Camiño Norte

A Pena Vilela

Albergue

ENDEREZO

Lg A Pena, 5
Covelas 27714
Ribadeo (Lugo)

Información

Coñécenos

Situado no lugar de Vilela, en pleno itinerario do Camiño Norte cara a Compostela, encóntrase o Albergue e Restaurante A Pena, que destaca por unha completa cociña tradicional galega e un ambiente familiar onde prima a cociña caseira e da zona.

Destacados

Accesible

Tanto o albergue como o restaurante están adaptados para persoas con mobilidade reducida

Ao pé do Camiño

A Pena Vilela é unha excelente opción para facer unha parada e disfrutar da gastronomía local

Galería

17 prazas

O albergue, de titularidade privada e recente apertura, conta con 17 prazas repartidas en dous dormitorios compartidos, un con 5 camas e outro con 12.

Equipado

Conta cun completo equipamento que inclúe entre outros, zona de estar con vaixela e microondas e posibilidade de lavar a roupa.

Cociña tradicional

Para gozar do mellor da gastonomía típica da zona, onde destaca a elaboración caseira dos seus pratos.

Variedade

Conta cun amplo comedor e a elaboración de menús adaptados para celíacos, veganos ou vexetarianos.

Servizos para o peregrino

Menús adaptados

Conta con menús adaptados para celíacos, veganos ou vexetarianos así como dun menú especial para o peregrino.

Mochila do peregrino

Dispón da mochila do peregrino, un menú composto por un lote de comida, bebida e sobremesa para levar e consumir ao longo do día

Os nosos dormitorios

Contamos cun amplo equipamento que inclúe: acceso a Internet, consignas individuais con chave, baños e duchas con auga quente, calefacción.

Horarios adaptados ao peregrino

O albergue recibe de 13 a 22 horas. O bar-restaurante está aberto de 8:00 a 22:00 todos os días

Servizo de lavandería

Contamos con lavadoiro e lavadora.

Garda bicicletas

Lugar específico para deixar a bicicleta

Información local
do Camino

Ofrecemos información local sobre o Camiño, así como información meteorolóxica